José David Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé David Pita
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata


José David Pita Breijo, nado en Ferrol en 1982, é un político galego do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en administración e dirección de empresas pola Universidade da Coruña en 2006. Traballou como secretario da confraría de pescadores de Barallobre (Fene) dende 2013. Militantes socialista e responsable de políticas municipais na executiva local, á morte do candidato socialista á alcaldía naronesa, Octavio Dopico, a pouco das eleccións municipais de 2019 a executiva galega do partido elixiuno para encabezar a lista do PSdeG-PSOE ao concello.[1] Nas eleccións a candidatura que lideraba logrou tres concelleiros, aumentando un o número de edís, e chegou a un acordo con TEGA para a formación dun goberno bipartito[2] e Pita converteuse en segundo tenente de alcalde [3] e concelleiro de promoción económica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]