José Benito Juncal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España |
Morte | 11 de outubro de 1884 Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
José Benito Juncal Romay, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1884,[1] foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre da escola de Cambados, e dende 1858 da do Areal de Vigo.[2] Despois foi profesor e rexente da Escola práctica agregada á Escola Normal de Pontevedra, onde creou un Museo. Foi director da Revista de Primera Enseñanza, redactor de La Constancia e La Reforma e colaborou en El Buscapié. En 1880 foi nomeado correspondente da Real Academia da Historia.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Discurso pronunciado por José Benito Juncal ... en la solemnidad de las funciones que celebró el partido judicial de Cambados los días 11 y 12 del corriente mayo, 1866.
- Tratado de la buena educación o sean reglas para conducirse los niños en sociedad, 1866. Con Claudio Cuveiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Benito Juncal |