José Antonio Rivas Carballés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Rivas Carballés
Nacemento18 de xaneiro de 1897
 Pol
Falecemento30 de agosto de 1936
 Portomarín
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Rivas Carballés, nado en Pol o 18 de xaneiro de 1897 e finado en Portomarín o 30 de agosto de 1936, foi un zoqueiro vítima da represión franquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido como o zoqueiro de Fraialde, era un simpatizante republicano que non estaba afiliado a ningún partido político nin se lle coñecía militancia ningunha. Tiña unha ampla biblioteca e simpatizaba coa revolución rusa, púxolles de nome aos fillos Lenin e Igualdad.

O 30 de agosto de 1936 un grupo de falanxistas presentouse na súa casa e levouno ao Rego do Can, en Portomarín onde foi asasinado de varios tiros. Uns veciños da zona atoparon o cadáver e trasladárono á parroquia de San Mamede do Río onde foi enterrado ao día seguinte fóra do recinto da igrexa. O 27 de agosto de 2010 a ARMH atopou os seus restos despois dunha investigación promovida polo seu fillo Ramiro Rivas Pérez.[1] O seu irmán Manuel e o seu sobriño Homero tamén foron vítimas da represión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]