José Antonio González Braña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1968 (56 anos) Vilanova de Ozcos, España |
Alcalde de Vilanova de Ozcos | |
1991 – 2019 – Abel Lastra Bravo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
José Antonio González Braña, nado en Vilanova de Ozcos o 5 de maio de 1968, é un político e empresario asturiano que ocupou a alcaldía de Vilanova durante sete mandatos (1991-2019)[1] con maioría absoluta en todos eles.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de facer en Xixón estudos de administración de empresas, promoción e xestión, tras as eleccións municipais de 1991 -as primeiras ás que se presentou- converteuse no alcalde máis novo de España,[2] encabezando a candidatura do PSOE. En 2019 retirouse da política, e substituíuno na alcaldía Abel Lastra Bravo, asemade do PSOE.
Algúns dos fitos no seu dilatado mandato á fronte do concello sitúanse na creación de infraestruturas de comunicación ou a mellora da rede viaria, a potenciación de servizos á sociedade, dende a atención a maiores á educación, pasando por os servizos sanitarios ou a construción dun polideportivo cuberto ou a piscina. Asemade, impulsou a instalación de empresas na zona, como a única estación de servizo en moitos quilómetros á redonda durante moito tempo. Durante o seu mandato tamén os Ozcos en conxunto (Vilanova, en conxunto don Santalla e San Martín) foron recoñecidos como 'Lugar exemplar de Asturias'. A liña básica de actuación no seu mandato, xunto co benestar da poboación, foi o combater o despoboamento.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "«José Antonio González Braña, alcalde ejemplar» de Justo García Fernández - Cartas de los lectores en La Nueva España - Diario de Asturias". mas.lne.es. Consultado o 2024-04-28.
- ↑ F, D. S. (2019-03-06). "El socialista José Antonio González Braña, abandona el partido tras no repetir como candidato a la Alcaldía de Villanueva de Oscos". El Comercio: Diario de Asturias (en castelán). Consultado o 2024-04-28.