José Antonio González-Santelices
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() |
Morte | 1936 ![]() Valladolid, España ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, avogado, escritor ![]() |
José Antonio González-Santelices Cayón, finado en 1936,[1] foi un político republicano, escritor en lingua castelá, avogado e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi redactor durante varios anos do xornal castelán El Norte de Castilla e, máis tarde, redactor xefe. Ocupou o cargo de secretario da Confederación Hidrográfica do Douro.[1]
Foi defensor do labor da Sociedade de Estudos Casteláns, de León Corral y Maestro e Narciso Alonso Cortés, en 1928.[2]
En marzo de 1931, con outros republicanos, formou parte da comitiva que se entrevistou co gobernador de Valladolid para pedir "que se concedese rapidamente unha ampla amnistía que comprenda a cantos españois, tantos civís como militares, que estean presos, procesados, condenados ou expatriados por delitos políticos e sociais e, de modo especial, como consecuencia dos sucesos de último decembro; e esixir as responsabilidades oportunas á forza pública polo proceder ante os sucesos estudantís de Madrid, e que se decrete, axiña, a destitución do director xeral de Seguridade Emilio Mola".[3]
En 1931 militaba en Acción Republicana, partido do que era secretario primeiro en Valladolid.[4] En 1934 era contador do Concello de Valladolid e foi Secretario da Comisión local executiva do V Congreso Nacional de Regas (Valladolid, 1935).[5]
Cofundou e foi membro da Asociación de Escritores Rexionalistas Casteláns en maio de 1936.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- Limiar de El amor y el dolor en la tragicomedia de Calisto y Melibea: (notas al margen de la Celestina) (Valladolid: Imprenta Castellana, 1927), de Teófilo Ortega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 El Norte de Castilla[Ligazón morta] (consulta: 17-5-2014)
- ↑ Heraldo de Zamora nº 10547, 21 de decembro de 1928, p. 3
- ↑ Artigo[Ligazón morta] en El Norte de Castilla, 29 de marzo de 2011 (consulta: 17-5-2014)
- ↑ PALOMARES IBÁÑEZ, J. M. (1996): La Segunda República en Valladolid: agrupaciones y partidos políticos. Universidad de Valladolid: Secretariado de Publicaciones e Intercambio Científico, páx. 45.
- ↑ V Congreso Nacional de Regas (Valladolid), p. 13
- ↑ ABC, 27 de maio de 1936, p. 40