José Antonio Castro Sousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Castro Sousa
Nome completoJosé Antonio Castro Sousa
Nacemento1956
 Venezuela
NacionalidadeEspaña e Venezuela
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Castro Sousa, nado en Venezuela en 1956, é un empresario galego que desenvolveu a súa carreira en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Castro Sousa desenvolveu a maior parte da súa vida profesional en Barcelona. Comezou na construción, na empresa familiar chamada Construcciones Castro. Sen abandonar a firma orixinal, fíxose accionista e conselleiro da pequena entidade financeira Fibanc, e entre 1999 e 2002 mercou a maior parte das accións do grupo hoteleiro Hesperia. Dela, que ten unha rede de 37 establecementos en propiedade e en franquía, controla máis da metade do accionariado e é ademais presidente do consello de administración. Hesperia controla ademais a cuarta parte das accións de NH Hoteles, un grupo tamén dedicado á hostelería, e onde Amancio Ortega tamén é un importante accionista.

Ademais é o segundo accionista e vicepresidente do banco de investimento Bankpyme e forma parte do seu consello de administración e do de Fira 2000, a empresa encargada da ampliación da Fira de Barcelona. No eido da inmobiliaria e a construción, ten intereses en Vigo (Leira do Conde, os terreos do Grupo de Empresas Álvarez ou o Barrio do Cura[1]) e en Barcelona, entre outros lugares.

Notas[editar | editar a fonte]