Saltar ao contido

José Ángel Gómez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ángel Gómez Iglesias

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , creador de contido dixital Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDefreds Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Defreds BNE: XX5551166 Editar o valor em Wikidata

José Ángel Gómez Iglesias, coñecido artisticamente como Defreds, nado en Vigo en 1984, é un escritor galego de libros de xénero híbrido, que ten vendido centos de milleiros de exemplares, principalmente en España e Latinoamérica.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2011 Iglesias abriu conta en Twitter co pseudónimo “Defreds” e alí comezou a escribir pequenas frases e relatos. A finais de 2014 a editorial Frida Ediciones (agora, Mueve tu lengua) contactouno para ofrecerlle a posibilidade de editar un primeiro libro. En 2021 ese primeiro libro vendeu máis de 150 000 exemplares.[3] Adoita publicar máis dun libro por ano e realizou xiras e sinaturas por librarías e feiras do libro por toda España.

En 2017 asinou coa Editorial Planeta, en concreto co selo Espasa, editorial coa que publica desde aquela.

Promocinalmente estivo na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara[4] en México, en Londres, en Quito ou Guayaquil, entre outras cidades. En 2021, en colaboración con IKEA a través da campaña ArrimarElHombro, conseguiu financiar a obra de reforma das instalacións de Alento e Discamino, asociación de dano cerebral.[5]

Os seus textos breves, fundamentalmente de temática amorosa, móvense entre a poesía e a narrativa breve, con ausencia de rima e ritmo. O seu estilo directo e emocional soubo captar a atención dunha gran masa de persoas lectoras en América e España.

  • Casi sin querer (Mueve tu Lengua, 2015).[6]
  • Cuando abras el paracaídas (Mueve tu Lengua, 2016).[7]
  • 1775 calles (Mueve tu Lengua, 2017).[8]
  • Historias de un náufrago hipocondríaco (Espasa, 2017).[9]
  • Con un Cassette y un boli Bic (Espasa, 2018).[10]
  • Sempiterno (Espasa, 2018). En tapa dura e ilustrado por Naranjalidad.[11]
  • Recordar contraseña (Espasa, 2019).[12]
  • Incondicional (Espasa, 2019). En tapa dura e ilustrado por Nani Serrano.[13]
  • Ya no quedan ciudades (Espasa, 2020)[14]
  • Ojalá (Espasa, 2022). En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia.
  • Siempre (Espasa, 2023). En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Top máis vendidos cos seus catro primeiros libros simultaneamente en (2017) en La Casa del Libro.[15]
  • Top máis vendidos con catro dos seus libros en 2020 segundo a consultora GFK.[16]
  1. "Defreds y su éxito". Faro de Vigo. 11 de novembro de 2020. Consultado o 04 de outubro de 2021. 
  2. "Defreds, el vigués que ha desbancado a Patria". La voz de Galicia. 20 de novembro de 2020. Consultado o 04 de outubro de 2021. 
  3. Atlántico (2019-11-26). "“Si tengo que comprar un libro, siempre será antes una novela que un poemario”". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  4. "Madrid y su cultura iluminan la Feria del Libro de Guadalajara". vanguardia.com.mx (en castelán). 2017-11-25. Consultado o 2024-03-12. 
  5. Atlántico (2021-05-28). "Defreds donó una reforma en Alento por una cadena de favores". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  6. Sangrador, Marcos (2016-03-11). "Casi sin querer Algunos Libros Buenos". Algunos Libros Buenos - Blog de reseñas de libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  7. CUANDO ABRAS EL PARACAÍDAS - DEFREDS (José A. Gómez Iglesias) (en castelán). 
  8. "1775 calles". Anika Entre Libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  9. Sangrador, Marcos (2017-11-17). "Historias de un náufrago hipocondríaco Algunos Libros Buenos". Algunos Libros Buenos - Blog de reseñas de libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  10. "Reseña: Con un cassette y un boli Bic - Defreds". Consultado o 2024-03-12. 
  11. "Reseña Sempiterno" (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  12. "COSAS DE LECTORES: RESEÑA: Recordar contraseña". COSAS DE LECTORES. 2019-06-05. Consultado o 2024-03-12. 
  13. lecturalia.com. Incondicional - Defreds (en castelán). 
  14. "Reseña: Ya no quedan ciudades - Defreds". Consultado o 2024-03-12. 
  15. Cantó, Paula (2018-06-24). "La poesía de Instagram arrasa en librerías: ¿fenómeno literario o cursilería juvenil?". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  16. "¿Por qué en el 2020 los poetas lo ganaron todo?". La Vanguardia (en castelán). 2020-12-12. Consultado o 2024-03-12.