José Ángel Aguirrebengoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ángel Aguirrebengoa
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Altsasu, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Navarra
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011
Lexislatura: 7h Parliament of Navarre (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ángel Aguirrebengoa Imaz, nado en Altsasu (Navarra) en 1952, é un político do Partido Nacionalista Vasco. Foi alcalde e concelleiro no concello desta localidade, e foi presidente do Napar Buru Batzar, que é o máximo órgano de dirección do PNV na Comunidade Foral e, como tal, membro do "Euskadi Buru Batzar" de devandito partido. Foi parlamentario foral por Nafarroa Bai.

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico agrícola, traballou no sector agroalimentario dende 1976 até 1991, ano no que pasou a ser até o ano 2003 director de Promoción e Desenvolvemento Rural da sociedade pública Mendikoi, S. A., dependente do Departamento de Agricultura do Goberno Vasco. Socio fundador da Cooperativa Cunícola de Navarra.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Na súa localidade natal foi alcalde (1995-1999) cargo desde o que impulsou, xunto diversos alcaldes arabeses e guipuscoanos, o desdobramento da estrada nacional N-1 ó seu paso por Etxegarate. Do ano 2000 ao 2007 ocupou o posto de concelleiro e de voceiro de concello de Altsasu en Cerderna-Garalur.[1]

Foi, ademais, membro da Asemblea Permanente da coalición Nafarroa Bai (en representación do PNV), sendo elixido parlamentario por esta coalición nas eleccións de 2007.[2]

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Como máximo representante do PNV en Navarra realizou declaracións públicas nas que expresou a súa condena da violencia e defendeu o dereito dos navarros a decidir o seu futuro[3][4][5]

Mostrouse moi crítico co "rexionalismo" de UPN e favorable ó "proceso de paz" de 2006. Por esta razón o PNV sufriu diversos ataques e ameazas en Navarra por parte de sectores da denominada esquerda abertzale radical. Tamén é favorable á oficialidade do éuscaro en toda Navarra e da súa normalización.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cederna". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 29 de setembro de 2007. 
  2. Candidatos al Parlamento de Navarra[Ligazón morta]
  3. Declaraciones sobre la violencia
  4. El PNV de Navarra condena los atentados a empresas guipuzcoanas: José Ángel Aguirrebengoa ha señalado que el terrorismo 'no cabe en una sociedad democrática', porque 'la sociedad exige por activa y por pasiva el fin de la violencia y es labor de todos contribuir al proceso de solución, pacificación y normalización de Euskal Herria'. El presidente de la formación en la Comunidad Foral, ha expresado su apoyo y solidaridad con los trabajadores y las personas que han resultado directamente afectadas por las explosiones.
  5. Sobre la propuesta del PNV de modificación del Amejoramiento Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.: "Deja patente que Navarra no es una entidad subordinada al poder central del Estado español, sino que constituye una comunidad libremente asociada que, por lo tanto, debe soportar sus relaciones sobre nuevos principios más eficaces que reflejen equilibrio, así como sobre nuevas estructuras que intensifiquen y que hagan de la bilateralidad política el auténtico motor del modelo de relaciones institucionales de Navarra", explicó Agirrebengoa.
  6. Aguirrebengoa insta a UPN que dialogue con todas las fuerzas políticas y abandone su «cerrazón»
  7. Arrojan pintura roja y amarilla contra una sede del PNV en Navarra Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.: El presidente del PNV en Navarra, José Ángel Aguirrebengoa, expresó este martes tras conocer el ataque su 'más enérgica repulsa' y su 'convicción' de que estas actividades son 'éticamente despreciables' y 'políticamente estériles', pues sólo provocarán 'la reafirmación de nuestros posicionamientos políticos con más fuerza' y la 'confirmación de nuestra apuesta decidida por un proceso auténtico de normalización política para nuestro pueblo'.