Jorge Guamán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1965 (59 anos) Pujilí (Ecuador) |
Deputado Nacional de Ecuador | |
Datos persoais | |
Educación | Politecnica Salesiana University (en) - Desenvolvemento sustentábel |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Pachakutik |
Jorge Gonzalo Guamán Coronel, nado en Pujilí o 22 de abril de 1965, é un político ecuatoriano, prefecto provincial de Cotopaxi dende maio de 2014.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa vida pública en 1997 como coordinador do Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik. Posteriormente converteuse no primeiro presidente do Consello de Nacionalidades e Pobos de Ecuador, ao que ingresou como representante da CONAIE.[3]
Nas eleccións lexislativas de 2002 foi elixido deputado nacional en representación da provincia de Cotopaxi polo movemento Pachakutik.[4] Durante os dous primeiros anos do seu período formou parte da comisión de asuntos indíxenas e outras etnias.[5] A comezos de 2005 foi nomeado segundo vicepresidente do Congreso Nacional.[6]
En 2007 participou infrutuosamente como candidato á Asemblea Constituínte do mesmo ano por Pachakutik.[7]
Nas eleccións seccionales de 2014 foi elixido prefecto provincial de Cotopaxi por Pachakutik, vencendo á entón prefecta Blanca Guamangate, quen buscaba a reelección e fora parte de Pachakutik antes de pasar ao movemento oficialista Alianza PAIS.[8] A administración de Guamán na prefectura centrouse nas áreas de rega e vialidade para as zonas rurais.[1]
Nas eleccións de 2019 foi reelixido ao cargo co 31,9% dos votos.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Prefecto Jorge Guamán cumple amplia agenda con la comunidad". La Gaceta (en castelán). 13 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Biografía – Jorge Guamán Coronel". web.archive.org. 5 de marzo de 2019. Archived from the original on 05 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "Jorge Guamán encabezaría lista de candidatos por Pachakutik". Ecuador Inmediato (en castelán). 4 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Resultados electorales - Diputados". Hoy (en castelán). novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Jorge Gonzalo Guamán Coronel". El Universo (en castelán). 4 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Autoridades del Congreso Nacional". El Universo (en castelán). 27 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Candidato de Pachakutik cree que Ecuador necesita ser un estado plurinacional". El Universo (en castelán). 7 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Jorge Guamán, Virtual Prefecto de Cotopaxi: ‘La gente le dijo (al régimen) que quiere pensar y actuar libremente’". El Universo (en castelán). 5 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "La división de votos se extendió a escala cantonal y provincial". El Comercio. 30 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jorge Guamán |