Saltar ao contido

John Jacob Astor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Jacob Astor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Jakob Astor Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1763 Editar o valor en Wikidata
Walldorf Editar o valor en Wikidata
Morte29 de marzo de 1848 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Manhattan Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTrinity Church Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadealemán (de nacemento)
estadounidense (desde 1789)
Q89547790Primeiro multimillonario dos Estados Unidos de América
Actividade
Ocupaciónemprendedor, wholesaler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalFrancis W. Lasak (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Astor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSarah Todd (1785–) Editar o valor en Wikidata
FillosMagdalen Astor, Sarah Astor, John Jacob Astor, William Backhouse Astor, Dorothea Astor, Henry Astor, Eliza Astor, unnamed infant son Astor Editar o valor en Wikidata
PaisJohann Jakob Astor Editar o valor en Wikidata  e Maria Magdalena Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica (9ª edición)
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1558536 WikiTree: Astor-15 Find a Grave: 40 Editar o valor en Wikidata

John Jacob Astor, nado o 17 de xullo de 1763 e finado o 29 de marzo de 1848, foi un empresario americano de orixe alemá, comerciante, inmobiliario e investidor que principalmente fixo a súa fortuna no comercio de pel e por investir en inmobles preto ou nacidade de Nova York.

Foi o primeiro membro destacado da familia Astor e o primeiro multimillonario nos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Johann Jakob Astor naceu en Walldorf, preto de Heidelberg, no antigo Palatinado.[1][2] Foi o fillo máis novo de Johann Jakob Astor (7 de xullo de 1724– 18 de abril de 1816) e María Magdalena Vorfelder (1730-1766).[3]  O seu pai era carniceiro, e Johann axudouno na tenda.[4]

En 1779, á idade de 16 anos trasladouse a Londres para unirse ao seu irmán George traballando na fábrica de pianos e frautas dun tío deles, Astor & Broadwood.[4] Durante esta época, aprendeu inglés e anglicizou o seu nome.[5]

Inmigración aos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En 1783[4], Astor inmigrou a Nova York, xusto ao final da guerra de independencia estadounidense, alugou unha habitación a unha viúva e comezou a filtrear coa filla desta, Sara Cox Todd. Alí tivo a oportunidade de coñecer un comerciante de peles que o inspirou a unirse ao negocio.[1] Tras traballar na tenda do seu irmán Henry durante un tempo, comezou a mercar peles aos nativos americanos, a preparalas, e revendelas en Londres ou calquera outro lugar, obtendo un gran beneficio.[4] Abriu a súa propia tenda de peles en Nova York a finais da década de 1780, e traballou como axente do negocio musical do seu tío.

Inmobiliaria e últimos anos

[editar | editar a fonte]

Astor comezou a mercar terras en Nova York en 1799. A comezos do século XIX, comezou a ser máis sistemático, ambicioso e calculador investindo en inmobiliaria na cidade. En 1803, mercou unha granxa de 70 acres. Tamén adquiriu varias propiedades de Aaron Burr, caído en desgraza.[6]

Raramente construía na súa terra, pero alugaba a outros para o seu uso. Trala súa retirada do negocio, pasou o resto da súa vida promovendo a cultura. Apoiou o ornitólogo John James Audubon nos seus estudos, viaxou, e colaborou na campaña electoral de Henry Clay.[7]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

O 19 de setembro de 1785 Astor casou con Sarah Cox Todd (1762–1842).[8] A súa muller axudaríao nos seus negocios, e levou os asuntos do seu marido cando estaba fóra da cidade.[9] Tiveron oito fillos:

  • Magdalena Astor (1788–1832), casada en primeiras nupcias con Adrian Benjamin Bentzon (1777-1827); tiveron dous fillos: Sarah Todd Bentzon (1813) e John Jacob Astor Bentzon (1818); divorciáronse en 1819. Casou de novo en 1820 co Rev. John Bristed (1778–1855), con quen tivo un fillo Charles Astor Bristed (1820–1874).
  • Sarah Todd Astor (1790–1790), nada morta.
  • John Jacob Astor Jr. (1791–1869), enfermizo e mentalmente inestable.
  • William Backhouse Astor Sr. (1792–1875), casado en 1818 con Margaret Alida Rebecca Armstrong (1800–1872); tiveron sete fillos entre eles John Jacob Astor III (1822–1890) e William Backhouse Astor Jr. (1829–1892).
  • Dorothea Astor (1795–1874).
  • Henry Astor II (1797–1799)
  • Eliza Astor (1801–1838), casada en 1825 con Vincent von Rumpff (1789–1867), sen descendencia.

Un tataraneto seu é Arthur Graham Carey (1892-1984), arquitecto, artista e deseñador de medallas e moedas estadounidense.[10]

  1. 1 2 EB (1878).
  2. BDNA (1904).
  3. "Maria Vorfelder". MyTrees.com.
  4. 1 2 3 4 EB (1911).
  5. Herbert C. Ebeling: Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild. pp. 63-69.
  6. Burrows, Edwin G.; Wallace, Mike (1998). Gotham A History of New York City to 1898. Oxford University Press. p. 337. ISBN 978-0-19-511634-2
  7. Madsen, John Jacob Astor (2001)
  8. Herbert C. Ebeling. Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild, p. 141.
  9. Emmerich, Alexander (1 January 2016). "John Jacob Astor". Immigrant Entrepreneurship: German-American Business Biographies (en English). German Historical Institute. Consultado o 7 July 2016.
  10. Trutor, C. (2025). "A Man for All Seasons". En Vermont Magazine. 6 de agosto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]