Johannes Andreas Næs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohannes Andreas Næs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Hvalba, Illas Feroe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata

Johannes Andreas Næs (tamén coñecido co pseudónimo literario de Flóvin Flekk), nado o 16 de setembro de 1920 en Nesi í Hvalba e finado o 5 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor e sindicalista feroés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en barcos de pesca durante uns anos na súa mocidade pero decidiu deixalo e graduouse na escola pedagóxica de Tórshavn en 1942. Deu clases en Suðuroy, Porkeri 1944-49, aínda que de 1946 a 1948 estivo en Dinamarca na Escola de Educación Física e na Escola Pedagóxica, completando os seus estudos en pedagoxía e psicoloxía[1]. Vági 1949-62, e a partir de 1962 foi asesor de educación especial. Foi membro do consello directivo do sindicato de profesores, Føroya Lærarafelag 1959-68 e 1964-1968. Publicou o seu primeiro libro de poesía Keldufar en 1949 co pseudónimo de Flóvin Flekk. En 1959 o goberno feroés nomeouno membro da dirección da editorial pública de material educativo Føroya Skúlabókagrunn, e o seu presidente dende xullo de 1966[2]. Tamén foi director do Sunnudagsblaðnum 1951-78, serviu na Kirkjuliga Heimamissiónin in Føroyum, unha organización pietista no seo da Igrexa das Feroe e escribiu libros de espiritualidade cristiá. O Libro de himnos da Igrexa das Feroe conta con 3 himnos da súa autoría (nr. 360, 456, 590) e traduciu cinco máis (250, 333, 351, 424, 501).[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Presentación do álbum Keldufar. En 2012 a neta de Johannes Andreas, Lív Næs, publicou un álbum musicando poemas de seu avó.
  • 1949 - Keldufar
  • 1951 Sakaði tað einki - Míni jólabók
  • 1952 Ein dreymur - Míni jólabók
  • 1953 Jólafriðurin - Míni jólabók
  • 1955 Tá ið sólareygað mennist - Míni jólabók
  • 1956 Heimboðin á jólum - Míni jólabók
  • 1957 Kolaskipið - Míni jólabók
  • 1959 Ein annar skoradagur - Míni jólabók
  • 1961 Lítli Dímun - Míni jólabók
  • 1964 Á Knúki - Míni jólabók
  • 1965 Ein kvøldvakt í bakkveðri - Míni jólabók
  • 1966 Klyvurfallið er farið - Míni jólabók
  • 1967 Rossaklettarnir - Míni jólabók
  • 1972 Stubbar úr søgu Føroya Lærarafelags. Serblað, Skúlablaðið
  • 1974 Tá ið sólareygað mennist - Míni jólabók
  • 1990 Ver vælkomið Harrans ár - KFUM
  • 1992 Jólaklokkan Aftur Ringir - KFUM
  • 1997 Ólavur úti í stovuni - Úti í stovuni
  • 2004 Varðar Á Kirkjugøtuni - Heimamissiónsforlagið

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Johannes Andreas Neas" Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine. rit.fo
  2. "Johannes Andreas Næs (1920-)" Arquivado 02 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Árni Dahl: Bókmentasøga I-III. Fannir. 1980-83.
  3. Salmabokin.kirkjan.fo