Joey Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joey Santiago
JoeySantiago SanDiego.jpg
Nome completoJoseph Alberto Santiago
Nacemento11 de xuño de 1965 (53 anos)
OrixeManila Flag of the Philippines.svg Filipinas
Ocupaciónmúsico e guitarrista
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conPixies, The Martinis
editar datos en Wikidata ]

Joseph Alberto Santiago, nado en Manila o 11 de xuño de 1965, é un músico estadounidense de orixe filipina. É coñecido sobre todo por ser o guitarrista principal da banda de rock alternativo Pixies. Despois da separación desta en 1993, Santiago produciu bandas sonoras para cine e televisión e formou o grupo The Martinis coa súa muller, Linda Mallari. Tamén colaborou en álbums de Charles Douglas e do seu compañeiro nos Pixies Frank Black.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de que en 1972 o presidente filipino Ferdinand Marcos declarase a lei marcial no país, a familia mudouse a Yonkers (Nova York). Joey pasou a meirande parte da súa infancia e adolescencia en Massachusetts, onde se matriculou na University of Massachusetts Amherst. Alí coñeceu a Charles Thompson (que posteriormente usaría os nomes de Black Francis e Frank Black), con quen formou a banda de rock alternativo Pixies en 1986.