Joaquina García García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Porto do Son, España |
Morte | 1939 (59/60 anos) |
Actividade | |
Ocupación | inventora, emprendedora |
Joaquina García García, nada en Porto do Son en 1879 e finada en 1939, foi a inventora dun dos primeiros traxes de auga para a pesca.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joaquina García, coñecida polo alcume da Ghaxola,[2] deseñou un traxe para que o seu pai, mariñeiro de profesión, fose ao mar e non se mollase. O bo resultado fixo que recibise encargos doutras xentes do mar interesadas nos traxes.
Os primeiros traxes de augas foron producidos pola familia de Gaspar Ben e Ana María Castro en 1896, e pouco despois pola propia Joaquina a finais da década de 1890.[3] Para atender tódalas peticións, que viñan de distintos puntos da costa española, tivo que montar un taller onde traballaron máis costureiras.[4] No Porto do Son chegou a haber oito pequenas factorías que producían estes traxes.[2]
No Porto do Son hoxe non quedan vestixios desa industria, pero instalouse unha escultura do artista Miguel Couso en homenaxe "ás xentes do mar" dun mariñeiro vestido con roupa de augas.[5] Noutros lugares os mariñeiros foron representados en esculturas con esa indumentaria tradicional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Homenaje a las mujeres pioneras". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ 2,0 2,1 "A industria de confección de roupas de auga en Porto do Son". La Voz de Galicia. 2009-04-30. Consultado o 2024-06-23.
- ↑ "Joaquina García García". wikimujeres. Consultado o 2024-06-23.
- ↑ Rodríguez Rodríguez, Anair 2019
- ↑ M.C. "Homenaje a la gente del mar sonense con una escultura en el muelle". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2024-06-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442