Joaquín Vázquez de Puga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Vázquez de Puga
Nacemento30 de setembro de 1820
Lugar de nacementoArbo
Falecemento1878
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Daniel Vázquez de Puga Torres, nado en Cequeliños (Arbo) o 30 de setembro de 1820 e finado en 1878[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un importante propietario, tendo unha participación importante na desamortización, xa que adquiriu na provincia de Ourense rendas forais por un valor de 658.150 rs. das casas matrices de Melón e Oseira (1849) e do priorato de Reza do mosteiro de Melón (1850). Destacado político unionista durante o reinado de Isabel II, foi deputado provincial polo distrito da Cañiza en 1856. O seu poder baseábase no control sobre esa zona, e puxo a disposición de Elduayen no Sexenio as súas propias redes clientelares para que este fose deputado a Cortes. Foi deputado polo distrito de Vigo en 1865 e 1869 e polo de Verín en 1876. En 1872 foi elixido senador por Pontevedra, axudado polo elduayenismo. Foi contratista da MZOV como retribución polos seus servizos electorais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joaquín Vázquez de Puga en xenealoxia.org". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de agosto de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]