Joaquín Sánchez Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Sánchez Peña

Joaquín Sánchez Peña, nado en Cambados, foi un avogado, escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do avogado Luis Sánchez. Avogado en Cambados, participou no movemento agrarista e foi presidente da sociedade agraria La Escardadora.[1] Foi elixido concelleiro de Cambados en 1917,[2] e en 1922 era tenente alcalde, participando na homenaxe a Asorey en Santiago de Compostela.[3] Escribiu unha Historia de Cambados nos anos vinte. Foi nomeado fiscal de Cambados en 1924,[4] e volveu ser nomeado en 1930.[5] Foi nomeado concelleiro de Cambados polo gobernador civil en 1933. Colaborou en El Heraldo Gallego, onde publicou crónicas históricas de Cambados en galego, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Escardadora", una combatiente sociedad agraria de Cambados
  2. El Progreso, 7-11-1917, p. 3.
  3. El Eco de Santiago, 21-8-1922, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 21-12-1924, p. 5.
  5. El Orzán, 18-6-1930, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domínguez Pereira, Jacobo (2004). Un pobo deitado ó sol, á beira do mar. A Segunda República en Cambados. Cambados: CANDEA. ISBN 84-920310-9-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]