Joaquín Rodríguez Barbeito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1902 As Neves, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, traballador ferroviario |
Joaquín Rodríguez Barbeito, nado nas Neves cara 1902, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Factor do ferrocarril instalado en Arbo. Na República foi presidente da Sociedad de Oficios y Profesiones varias de Arbo y sus contornos.[1] Logo foi secretario da Casa do Pobo de Arbo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de setembro no calabozo de Arbo, pasou ao lazareto da illa de San Simón e foi xulgado en Vigo por rebelión militar, resultando con sobresemento provisional. Enviado a un batallón disciplinario, despois pasou pola campo de concentración de Sans Marco de León e rematou no cárcere da Coruña, de onde saíu en liberdade provisional o 18 de febreiro de 1939.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Delfina Gómez González e foi pai de Manuel Rodríguez Gómez.[2]