Joaquín González González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joaquín González González, nado en Ousende (O Saviñao) en 1954, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gandeiro de profesión. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Saviñao e foi elixido alcalde cos votos dos catro concelleiros populares e un da CNG, pois PSdeG-PSOE con catro edís e BNG con tres, non chegaron a un entendemento por diferenzas para designar ao alcalde e repartir as áreas municipais. Nas municipais de 1995 foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde, nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.


Predecesor:
Castor Montes Suárez
 Escudo do Saviñao.svg
Alcalde do Saviñao
 
1991 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]