Joaquín Ares Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 Mondoñedo, España |
Morte | 1961 (80/81 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Joaquín Ares Díaz, nado en Guillade (Mondoñedo) en 1880 e finado no mesmo concello en 1961, foi un artesán e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi aprendiz de ebanistaría en Mondoñedo. Trasladouse a Barcelona, onde asistiu a clases nocturnas na Escola de Artes. Regresou a Mondoñedo en 1909 establecendo un taller en Guillade. Na República foi fundador e primeiro presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo, e tamén fundou o grupo da Unión General de Trabajadores del Campo dependente da anterior e a Sociedad de Seguro del Ganado que loitou pola industrialización e modernización das infraestruturas do sector agropecuario mindoniense. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por responsabilidades políticas.