Joan Coma
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1981 Vic |
| 13 de xuño de 2015 – | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Vic |
| Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | político, sociólogo |
| Partido político | Candidatura d'Unitat Popular |
Joan Coma i Roura, nado en Vic en 1981, é un sociólogo catalán, concelleiro no concello de Vic.[1] Licenciado en socioloxía en 2010 pola Universidade Autónoma de Barcelona e mestrado en relacións internacionais e formación do profesorado, traballou durante dez anos como carpinteiro.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2016 a Audiencia Nacional de España investigouno tras unha denuncia de Josep Anglada,[2] daquela presidente do partido de extrema dereita Plataforma per Catalunya, pola súa intervención no pleno municipal do 9 de decembro de 2015. Nesta intervención, Coma apelou á desobediencia ante os tribunais españois no marco do debate dunha moción de apoio á declaración de ruptura do Parlamento.[3][4] O 27 de decembro de 2016, foi arrestado polos Mossos d'Esquadra, acusado dun posible delito de sedición,[5] e foi trasladado a Madrid para declarar perante Ismael Moreno Chamarro, o xuíz que levou o caso. No xuízo, o 28 de decembro, o fiscal estivo especialmente interesado nas frases "Desobediencia, levamos tempo reclamándoa" e "Dixemos que para facer a tortilla primeiro hai que romper os ovos" e a posible incitación á violencia que implican.[6] Logo dunha hora de declaración, Joan Coma saíu en liberdade con cargos e sen pasaporte.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Fundació Universitària Balmes, ed. (22 de xullo de 2015). "Transparència UVic". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ Llansana, Marina (27 de decembro de 2016). "La gran mentida sobre el cas Joan Coma". elperiodico.
- ↑ "El discurs de Joan Coma que li ha valgut la persecució judicial: ‘Per fer la truita s'han de trencar els ous'". Vilaweb. Consultado o 10 de setembro de 2017.
- ↑ Comajoan, Josep (14 de abril de 2016). La Directa, ed. "Set centes adhesions en tres dies al manifest de suport al regidor de Vic imputat.". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ Sallés, Quico (27 de decembro de 2016). "Los Mossos detienen al edil de la CUP en Vic Joan Coma Roura". La Vanguardia.
- ↑ Directa. "El fiscal interroga Joan Coma: "¿Los huevos no se rompen solos, implica o no el uso de violencia?"". Directa. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2021.
- ↑ "Joan Coma Roura, en libertad con cargos y sin pasaporte tras declarar ante la Audiencia Nacional". La Vanguardia. 28 de decembro de 2016.