Jingpo Lacus
Jingpo Lacus | |
---|---|
Imaxe de Jingpo Lacus en falsas cores tomada grazas ó radar de apertura sintética da sonda Cassini. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Lacus |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Lonxitude | 240 km[1] |
Coordenadas | 73º N 336° O[1] |
Procedencia do nome | Lago Jingpo, situado na China.[1] |
Jingpo Lacus é un lago situado no polo norte de Titán, a lúa máis grande de Saturno. Ten un tamaño semellante ó do Lago Ontario[1] e é o lago máis grande de Titán despois dos tres Maria (Kraken Mare, Ligeia Mare e Punga Mare).[2] Está composto principalmente de hidrocarburos (sobre todo de metano e etano). Está situado ó oeste do Kraken Mare, exactamente sobre as coordenadas 73° N e 336° O, ten ó redor de 240 km de longo,[1] de tamaño semellante ó que posúe na Terra o Lago Onega. O seu nome provén do lago do mesmo nome situado na China.
O 8 de xullo do 2009, a sonda Cassini observou a través do seu espectómetro (VIMS) unha reflexión especular no infravermello (nos 5 micrómetros) de Jingpo Lacus a 71º N e 337° O. Este fora ás veces descrito, cando aínda non se tiñan datos máis precisos, coma o litoral noroeste do Kraken Mare, xa que non se sabia se a liña de costa do Kraken Mare era estable.[3] As reflexións especulares son indicativas dunha superficie lisa, de espello, sendo así, a observación corrobora a inferencia da presenza dun gran corpo líquido suxerido a través de imaxes de radar tomadas previamente. A observación foi feita despois de que a rexión do polo norte saíse da escuridade dun inverno de case 15 anos de duración.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Imaxe feita co radar de apertura sintética da Cassini (arriba) que se superpón sobre unha imaxe tomada en infravermello e na luz visible da rexión polar de Titán, na cal se pode ver a Jingpo Lacus (no centro) ademais doutros grandes lagos (Kraken Mare cara abaixo, cara a dereita están o Ligeia Mare e o Punga Mare) perfilados cunha liña azul.
-
Reflexión da luz sobre o Jingpo Lacus, observada dende a sonda Cassini o 8 de xullo do ano 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Lacus, lacūs: Jingpo Lacus on Titan". Consultado o 03-09-2018.
- ↑ USGS Astrogeology Science Center (ed.). "Titan maria". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 2012-03-16.
- ↑ Cook, J.-R. C. (17-12-2009). NASA, ed. "Glint of Sunlight Confirms Liquid in Northern Lake District of Titan". NASA web site Cassini mission page. Arquivado dende o orixinal o 09-10-2011. Consultado o 2009-12-18.
- ↑ Lakdawalla, E. (17-12-2009). Planetary Society, ed. "Cassini VIMS sees the long-awaited glint off a Titan lake". The Planetary Society Blog. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2011. Consultado o 17-12-2009.