Jet Roller Club Genève

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jet RC Genève
CidadeXenebra, Xenebra
Suíza Suíza
Historia2012
Fundado1939
PresidenteSuíza Rosa Yann
AdestradorSuíza Simons Stephane
CompeticiónNLB
Cores          Granate e azul escuro
Sitio web
Sitio web oficial

O Jet Roller Club Genève é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Xenebra (Suíza). O club foi fundado en 2012 e na tempada 2015-16 competiu na segunda categoría do hóckey a patíns suízo, a LNB.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu en 2012 por iniciativa da Federación Suíza de Hóckey a Patíns (FSRH nas súas siglas en francés), que pediu ao Genève RHC que creara un novo equipo na cidade para que competira na segunda categoría e poder así crear unha fase de grupos en dita categoría. Xa que non está permitido que dous equipos dun mesmo club xoguen na mesma categoría nas ligas maiores fundouse un novo club chamado "Jet" en homenaxe ao Jet d'Eau, un dos símbolos da cidade helvética.[1]

O equipo entrou en competición na tempada 2012-13, finalizando no terceiro posto da NLB. Na súa segunda tempada de existencia o club finalizou cuarto, e na tempada 2014-15, quinto. Ese mesmo ano, o club presentou un equipo na terceira categoría, a NLC, que na súa primeira participación finalizou na sétima posición.[1] Na seguinte tempada, o Jet RC Genève finalizou na sétima posición 10 puntos en 14 partidos, caendo eliminado na primeira rolda dos play-offs en dous partidos (1-7 e 2-6) fronte ao SC Thunerstern, que finalmente se faría co subcampionato da NLB.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Club et equipe" (en francés). Jet RC Genève. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  2. "NLB Tabelle" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Consultado o 1 de xullo de 2016. [Ligazón morta]
  3. "NLB Play-Off" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]