Jesús Rodríguez Segade
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 3 de setembro de 1966 Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Melide | |
marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← Antonio Souto Mosteiro | |
Alcalde de Melide | |
xaneiro de 1936 – xaneiro de 1936 – Antonio Souto Mosteiro → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, veterinario, político |
Jesús Rodríguez Segade, finado en Santiago de Compostela o 3 de setembro de 1966, foi un mestre, veterinario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En decembro de 1933 foi nomeado mestre interino en Melide.[1] Foi nomeado alcalde de Melide a principios de xaneiro de 1936,[2] cesando a finais dese mes. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, volveu ser nomeado alcalde de Melide en marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado. Foi veterinario do concello da Baña. Finou en Santiago de Compostela o 3 de setembro de 1966.[3]
Predecesor: Ricardo Fernández Camoiras |
Alcalde de Melide 1936 |
Sucesor: Antonio Souto Mosteiro |
Predecesor: Antonio Souto Mosteiro |
Alcalde de Melide 1936 |
Sucesor: Jesús López Galuá |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Lago Rodríguez e foi pai de Santos, Jesús, María del Carmen e Lourdes Rodríguez Lago.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuciños Gómez, Xosé Domingos (1997). "Alcaldes titulares de Melide. Relación cronolóxica 1900-1995;". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. (10): 32–33.