Jesús Quindós Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Quindós Pardo
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Cervantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Cervantes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cervantes
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Jesús Quindós Pardo, nado en Cervantes cara a 1895 e finado no mesmo concello o 8 de marzo de 1959, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario en Savane. Foi elixido concelleiro de Cervantes nas eleccións do 12 de abril de 1931,[1] e foi segundo tenente alcalde.[2] Vicepresidente da Agrupación Republicana Agraria en 1934. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cervantes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Estivo agochado. Entregouse ás autoridades franquistas a mediados de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937,[3] e foi sancionado cunha multa de 1 500 pesetas e cinco anos de inhabilitación en 1942.[4] Finou en Cervantes o 8 de marzo de 1959 con 63 anos e foi soterrado no cemiterio de Quindous.[5]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Cervantes
 
1936
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Florinda Digón e foi pai de María de los Ángeles Quindós Digón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 15-4-1931, p. 3.
  2. BOP Lugo, 6-4-1934, p. 2.
  3. BOP Lugo, 21-12-1937, p. 1.
  4. BOE, 26-3-1942, p. 1580-1581.
  5. Necrolóxica en El Progreso, 10-3-1959, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 30, 44. ISBN 978-84-8487-635-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]