Jesús Peleteiro Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Peleteiro Suárez
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Jesús Ramón Peleteiro Suárez é un xornalista galego que traballa na Televisión de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo no 1999 na Universidade Complutense de Madrid.

Comezou a súa actividade profesional na Delegación en Madrid da Televisión de Galicia como bolseiro no ano 1998, no 1999 forma parte xa do equipo coma redactor nesta mesma delegación. No ano 2001 trasládase a Porto, Portugal, e convértese no delegado da canle pública galega nesta cidade, ata o 2006 forma parte do equipo de reporteiros de directos. Dende 2006 a 2010 é presentador da Revista e do informativo matinal Bos Días ata 2011.

No 2012 convértese no presentador e director do Telexornal Noite e, no mesmo ano, faise presentador do Galicia Noticias Serán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]