Jesús López Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Partido político | Esquerda Unida - Izquierda Unida |
Jesús López Rodríguez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1974, é un sindicalista e político galego de Esquerda Unida e Comisións Obreiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De longa traxectoria no labor sindical no seo de Comisións Obreiras de Galicia é presidente do comité de empresa de DS Smith Galicia (antiga Lantero)[1] e foi responsable de acción sindical e negociación colectiva da FSC-CCOO de Galicia ata 2015[2]. Militante de Esquerda Unida, encabezou en 2015 a candidatura de EU-SON á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, que logrou tres concelleiros e de novo repetiu no primeiro lugar na candidatura de Vilagarcía en Común[3] nas eleccións de 2019 mais quedou cun único representante no concello.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os traballadores de DS Smith, antiga Lantero, anuncian movilizacións laborais". Arousa TV. 9 de febreiro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "«Quiero devolverle a Vilagarcía lo que hizo por nosotros en Lantero»". La Voz de Galicia. 29 de marzo de 2015.
- ↑ "«Outros presumen, pero nós somos unha confluencia de verdade»". La Voz de Galicia. 21 de maio de 2019.