Jesús Dubra Rama
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 Trazo, España |
Morte | 12 de xaneiro de 2002 (60/61 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Trazo | |
1988 – 12 de xaneiro de 2002 (finado no cargo) ← Raúl Ríos Álvarez – José Dafonte Varela → | |
Alcalde de Trazo | |
1983 – marzo de 1984 ← Raúl Ríos Álvarez – Raúl Ríos Álvarez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Jesús Dubra Rama, nado en Trazo en 1941 e finado o 12 de xaneiro de 2002[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Trazo nas eleccións municipais de 1983, logrando tan só un concelleiro, pero elixido alcalde co apoio dos grupos da dereita, fronte ao alcalde independente progresista Raúl Ríos Álvarez. Porén, unha sentenza da Audiencia Territorial modificou os resultados electorais outorgándolle a maioría absoluta aos independentes con 7 concelleiros. Pola súa parte, o PSdeG deixouno de recoñecer como socialista polo seu pacto coa dereita. A pesar de atrasar o máximo posible o novo pleno de investidura, este realizouse en marzo de 1984[2], recuperando Ríos a alcaldía.
Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS, logrando un só concelleiro e apoiando a Raúl Ríos Álvarez, que nesa ocasión gañara de novo as eleccións á fronte do PSdeG-PSOE. No entanto, retiroulle o apoio na primavera de 1988, presentando unha moción de censura[3] co apoio dos grupos da CPG e AP, co que foi elixido alcalde no mes de xullo[4].
Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do CDS, gañando as eleccións con 5 concelleiros, fronte a 4 do PPdeG e a 2 do PSdeG-PSOE de Ríos Álvarez. Desta forma, conformouse un goberno de coalición con socialistas[5], o cal se mantivo ata 1994[6]. En xaneiro de 1995, pasouse con gran parte do seu equipo ao PPdeG[7] encabezando a súa candidatura nas municipais de maio dese mesmo ano e gañándoas con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 encabezou de novo o PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Finou o 12 de xaneiro de 2002, sendo substituído por José Dafonte Varela.
Predecesor: Raúl Ríos Álvarez |
Alcalde de Trazo 1983-1984 |
Sucesor: Raúl Ríos Álvarez |
Predecesor: Raúl Ríos Álvarez |
Alcalde de Trazo 1988-2002 |
Sucesor: José Dafonte Varela |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-01-2002, p. 73.
- ↑ La Voz de Galicia ed. Santiago, 17-03-1984, p. 28.
- ↑ La Voz de Galicia ed. Santiago, 20-05-1988, p. 35.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-07-1988, p. 27.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-10-1991, p. 29.
- ↑ La Voz de Galicia ed. Santiago, 21-01-1995, p. 39.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-01-1995, p. 20.