Jemima Moore
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1992 (32 anos) Geelong, Australia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Nacionalidade deportiva | Australia |
Deporte | atletismo paralímpico |
Participou en | |
setembro de 2008 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) |
Jemima Moore, nada en Geelong o 18 de marzo de 1992,[1] é unha atleta paralímpica de Australia que compite nas probas de 4x100 m relevos na categoría T53-54. Representou a Australia nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008 e Río 2016.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Geelong, Victoria.[1] Á idade de seis anos, colapsou debido a un raro virus espinal, afectando a parte baixa das súas costas e causándolle unha paraplexía incompleta a longo prazo.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Competiu nos Xogos Paralímpicos de Verán 2008 en Pequín, na China. Alí gañou unha medalla de prata na proba de relevos 4x100 metros feminino na categoría T53-54. Tamén competiu nos 100 metros individuais para atletas T54, pero terminou terceira na súa serie e non puido avanzar á final.[1]
Moore tamén competiu nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, onde gañou unha medalla de prata nos relevos femininos de 4 × 400 m na categoría T53-54. Terminou en 11ª posición nos 100 m T54 e 10º os 800 m.[3]
No Campionato Mundial de Para Atletismo de 2017 en Londres, Inglaterra, terminou décima nos eventos de 400 m T54, 800 m T53 e 1500 m T54.[4] Moore foi unha das tres paratletas de Geelong, xunto a Martin Jackson e Sam McIntosh, seleccionadas para o Campionato.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Jemima Moore". International Paralympic Committee website. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ "Australian Paralympic Athletics Team announced". Australian Paralympic Committee News, 2 August 2016. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2016.
- ↑ "Jemima Moore". Rio Paralympics Official site. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2016.
- ↑ "Jemima Moore". International Paralympic Committee website. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020.