Jeff Hardy
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de agosto de 1977 Cameron, Estados Unidos de América (pt) |
| Altura | 185 cm |
| Peso | 102 kg |
| Cor dos ollos | Abelanado |
| Cor do pelo | Cabelo negro |
| Actividade | |
| Ocupación | loitador profesional (1994–), músico |
| Período de actividade | 1993 |
| Xénero artístico | Rock alternativo, metal alternativo e indie rock |
| Selo discográfico | TNA Knockout Music (en) |
| Compañeiro profesional | Matt Hardy: The Hardy Boyz (pt) |
| Deporte | loita libre profesional |
| Adestrado por | Michael Hayes (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Beth Britt (2011–) |
| Irmáns | Matt Hardy |
| Parentes | Reby Sky, irmá do esposo |

Jeffrey Nero Hardy, máis coñecido como Jeff Hardy, nado en Cameron (Carolina do Norte) o 31 de agosto de 1977, é un loitador profesional estadounidense da marca SmackDown! da World Wrestling Entertainment.
Carreira
[editar | editar a fonte]Dende moi pequeno, xunto co seu irmán Matt Hardy, interesouse pola loita libre de estilo extremo e creou nos 90 un grupo de loita de afeccionados no seu Estado de Carolina do Norte.
Foi seis veces campión mundial por parellas e unha vez campión por parellas da WCW co seu irmán Matt como The Hardy Boyz.
Igual que o seu irmán Matt, Jeff conseguiu unha gran cantidade de campionatos individuais: foi campión intercontinental, campión hardcore; campión europeo e campión dos pesos lixeiros
Jeff conseguiu tamén o seu cuarto título de campionato intercontinental, tras derrotar a Umaga nunha edición de RAW o 2 de setembro do 2007. Porén perdeuno o día 10 de marzo fronte a Chris Jericho.
Conseguiu proclamarse campión da WWE, despois de derrotar a Edge e mais a Triple H en Armaggedon.