Jean Gabriel Marchand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Gabriel Marchand

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1765 Editar o valor em Wikidata
L'Albenc, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1851 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Saint-Ismier, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Roch Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Chamber of Peers (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Rama militarInfantaría Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerras da Revolución Francesa e Guerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 176163542 Editar o valor em Wikidata

Jean Gabriel Marchand, nado en L’Albenc (Isère) o 11 de decembro de 1765 e finado en Saint-Ismier o 12 de novembro de 1851, foi un xeneral francés, que se distinguiu nas guerras da Revolución francesa e nas subseguintes da época napoleónica.

Traxectoria militar[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Converteuse en avogado en Grenoble en 1789. Mandaba en 1791 unha compañía de exploradores do 46º batallón de l'Isère; distinguiuse na campaña de Savoia; asistíu ao asedio de Toulon, serviu como adxunto do estado maior do xeneral Cervoni e estivo tamén ligado con Joubért. En novembro de 1795, en Loàno, o coronel Lannes e, o entón capitán Marchand atacaron, con 200 granadeiros, un reduto dotado de seis pezas artilleiras e defendido por 1.200 granadeiros húngaros, que tomaron en pouco tempo. Ambos utilizaron os canóns contra o exército inimigo, favorecendo a vitoria francesa. Marchand foi felicitado por Scheref e nomeado xefe de batallón.

En xuño de 1796, o xa comandante Marchand, á cabeza de 300 carabineiros do 3º lixeiro, sorprendeu un campamento de austríacos aos que fixo depor as armas e conduciu os prisioneiros perante o xeneral Joubert. No 29 de xullo, nun ataque austríaco sobre un flanco de Joubert, Marchand recibiu un balazo no peito. Foi feito prisioneiro en xuño de 1797. En 1798 foi nomeado durante un certo tempo comandante en xefe da praza de Roma.

Consulado e Imperio[editar | editar a fonte]

O primeiro Cónsul nomeouno xeneral de brigada , e confioulle , de primeiras, a xefatura de Isère; enviándoo, máis tarde, ao campamento de Boulogne onde mandou a división Dupont, que se distinguiría en 1805.

Nomeado xeneral de división o 24 de decembro de 1805, asistiu á batalla de Jena e á toma de Magdeburgo.

No 4 de xuño de 1807, ante 80.000 rusos que atacaban os 12.000 soldados mandados por Michel Ney, distinguiuse o xeneral Marchand, que actuaba ás súas ordes, ao protexer o paso da ponte de Deppen.

En Friedland, novamente se distinguiu a división de Marchand, que a pesar do intenso fogo artilleiro inimigo, foi capaz de ocupar a localidade de Friedland.

Na Guerra Peninsular[editar | editar a fonte]

En 1807, Marchand foi condecorado coa Grande Aguia, e pasou para España onde se distinguiu en catro campañas.

A finais de 1808, a división de Marchand incorporouse ao 6º Corpo do exército, que mandaba o mariscal Ney, e que unido ao 2º Corpo, dirixido polo mariscal Soult, foi enviado en persecución das tropas británicas de John Moore, que seguidas polas españolas de marqués de la Romana, se dirixían cara Galiza. Marchand situado na retagarda, pasou polo Bierzo; a súa cabalaría saqueou e efectuou unha grave matanza en Salas de la Ribera; entrando a continuación no Valdeorras, en persecución de De la Romana, a que obrigou a moverse desde Trives para os Tras-os-Montes portugueses. Marchand entón desviouse cara Ourense, desde onde se trasladou a Lugo, para unirse ao groso das tropas francesas que perseguían a Moore.

Salientou, con posterioridade, principalmente no paso do Texo no 8 de agosto de 1809; no combate de Torres Vedras o 29 de novembro de 1809; e na batalla de Fuentes de Oñoro, o 3 de maio de 1811.

Campaña de Rusia e Restauración[editar | editar a fonte]

Mandou unha división en Rusia, sendo citado con frecuencia nos boletíns oficiais do exército, sobre todo polas accións en Valentino e máis en Moscova.

En 1815, mandaba a 7ª división, tomándolle Chambéry aos austríacos.

Á volta do rei Luís XVI de Francia|Luís XVI foi confirmado no seu mando, pero máis tarde foi acusado de abandonar Grenoble sen defendelo ante o retorno de Napoleón. Destituído, foi conducido a Besançon perante un consello de guerra, sendo absolvido ao cabo de seis meses. En 1818 foi xubilado. Marchand poríase ao servizo da monarquía de xullo en 1830, retirándose do exército xa definitivamente en 1832.

Faleceu en Saint-Ismier (Isère), concello do que fora alcalde.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Entre outras condecoracións, Marchand contaba coa gran cruz da lexión de Honor, a gran cruz ao Mérito militar de Wurtemberg, e máis a da orde de S. Luís de 1ª clase de Hesse-Darmstadt. Foi tamén par de Francia e conde de Marchand.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Charles Mullié, Biographie des célébrites militaires des armées de terre et de mer des 1789 à 1852 (1852)