Jean Denys Cochin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean Denys Cochin
Cochin, Jean-Denis-Marie.jpg
Nacemento14 de xullo de 1789
 París
Falecemento18 de agosto de 1841
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico
PaiJacques-Denis Cochin
FillosPierre-Suzanne-Augustin Cochin
Premiosoficial da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

Jean Denys Cochin, nado en 1789 e finado en 1841, foi un avogado francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alcalde en 1826 dun distrito, o XII de París, no que abundaban os nenos de familias pobres. Co fin de remediar esta situación alugou dúas salas para situar sendas escolas.

En 1827 fixo construír unha escola con dúas aulas de ensino primario, de acordo co sistema de ensino mutuo, e outra de párvulos. Xunto a elas crearíase unha escola normal para a formación de mestras de salas de asilo baixo a dirección de Mme. Milet.

En 1828 cedería dita escola á cidade de París aínda que seguise baixo a súa dirección. Así mesmo lideraría un movemento en favor das salas de asilo das que chegaría a haber dezanove en París en 1835.

O que quería conseguir Jean Denys Cochin era procurar gratuitamente ou con poucos gastos facilidades considerables para o benestar da poboación.