Jean Calas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Calas
JeanCalas.jpg
Nacemento19 de marzo de 1698
Lugar de nacementoLacabarède
Falecemento10 de marzo de 1762
Lugar de falecementoTolosa
Causamorte na fogueira
NacionalidadeFrancia
RelixiónProtestantismo
Ocupacióncomerciante
editar datos en Wikidata ]

Jean Calas, nado en 1698 e finado en 1762, era un comerciante téxtil de Tolosa coñecido por ser xulgado polo seu protestantismo e condenado a morte, converténdose nun símbolo da intolerancia relixiosa en Francia canda Pierre-Paul Sirven e Jean-François de la Barre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A detención do pai.
Maison Calas.
Ilustración dun libro inglés coa morte de Calas na roda.

Jean Calas e a súa dona eran protestante nunha Francia que tiña como relixión oficial o catolicismo e aínda que as persecucións iniciadas no tempo de Luís XIV na época recuaran e había unha certa tolerancia cara ao protestantismo aínda existía intolerancia no seo da sociedade francesa, así a pesar que dos seus fillos xa se convertera ao catolicismo en 1756 ao aparecer morto na noite do 13 ao 14 de outubro de 1761 comezaron os rumores que fora o pai quen o matara para evitar a súa abxuración da fe protestante; interrogada a familia primeiro declararon que fora asasinado por un intruso pero logo recoñeceron que o atoparan morto e para evitar a denigración que na época tiña o suicidio finxiran que fora un crime violento. Non llo creron e o 9 de marzo de 1762 o parlamento de Tolosa condenouno a morte na roda que se cumpriu o día seguinte mentres o axustizado clamaba a súa inocencia, outro dos seus fillos, Pierre, tivo que marchar ao desterro. Voltaire, coñecedor do caso, sospeitando que se trataba dun caso de fanatismo antiprotestante visitou ao fillo máis pequeno, Donat, que estaba refuxiado en Xenebra e tras falar con el e solicitar máis información a coñecidos de Tolosa quedou convencido que se resolvera inxustamente [1], obsesionado[2] co caso comezou unha campaña para revisar a sentecia afirmando que o fillo cometera suicidio por débedas de xogo e non ser capaz de rematar a universidade se o confesaba, Voltaire escribiu máis de 100 cartas sobre o asunto tivo éxito e en 1765 declarouse ao finado Jean Calas inocente de todos os cargos e a súa familia recibiu 36000 francos do rei como compensación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lisa Silverman Tortured subjects: pain, truth, and the body in early modern France:University of Chicago Press, 2001, páxina 158
  2. Ian Davidson Voltaire: a life : Profile Books, 2010, páxina 320