Jean-François Fortin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-François Fortin
Nacemento12 de setembro de 1973
NacionalidadeCanadá
Alma máterUniversidade do Quebec em Montreal
Ocupaciónpolítico e educador
editar datos en Wikidata ]

Jean-François Fortin, nado o 12 de setembro de 1973, é un político quebequés, líder do partido Forzas e Democracia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jean-François Fortin realizou estudos de ciencias políticas na Universidade do Quebec en Montreal, completando os seus estudos cun certificado sobre a política estranxeira da Unión Europea na Universidade de Lión (Francia). Especializouse en análise política e relacións internacional, materias que ensinou no Cégep de Rimouski entre xaneiro de 2001 e maio de 2011.

A súa primeira participación en política foi como concelleiro en Sainte-Flavie (2003.2006), localidade da que foi alcalde en 2009. Nas eleccións federais de 2011 presentouse polo Bloque Quebequés na circunscrición de Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia en substitución de Jean-Yves Roy, que por problemas de saúde decidira non presentarse. Resultou elixido nun contexto de baixada electoral para o BQ.

Tras a dimisión de Gilles Duceppe, foi un dos candidatos a liderar o Bloque nas primarias que celebradas en decembro de 2011 pero quedou por detrás de Maria Mourani, e do vencedor Daniel Paillé.[1]

En 2014, apoiou a André Bellavance como líder do Bloque nas primarias dese ano, pero contra prognóstico gañou Mario Beaulieu. O 12 de agosto de 2014 anunciou a súa baixa do partido, non obstante permaneceu na Cámara dos Comúns como independente, denunciando a intransixencia de Beaulieu e a radicalización do que fora o seu partidoi[2], e anunciou a creación dun partido sen liña política e que mirase polos intereses das rexións quebequesas[3].

O 21 de outubro 2014, co deputado do NPD Jean-François Larose, fundou Forzas e Democracia, un novo partido político quebequés rexistrado federalmente[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]