Javier Wegmüller Redondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier Wegmüller Redondo
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata

Javier Wegmüller Redondo, nado en Caracas en 1958, é un empresario e nobre galego, duodécimo conde de San Javier y Casa Laredo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo da santiaguesa María del Carmen Redondo e do suízo Hansrüdi Wegmüller, herdou o condado de San Javier y Casa Laredo en 2006, logo do falecemento da nai, a undécima condesa[1]. Casou coa comunicadora luguesa Pilar Ónega, directiva dun colexio concertado[2], e estableceu o seu enderezo en Lugo[3]. Non tivo fillos, e o herdeiro do condado é o seu sobriño, Javier Wegmüller Riera.

Foi impulsor e primeiro presidente do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia[4][5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BOE.es - BOE-A-2006-21871". www.boe.es. Consultado o 2022-08-16. 
  2. "Pilar Ónega, Más Plurales: "Os pais da concertada votamos a todos os partidos, non somos a escola dos ricos"". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-08-16. 
  3. "La nobleza gallega cree "oportuno" el momento de la abdicación real". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  4. "Cuerpo de la Nobleza del Antiguo Reino de Galicia. Xuntos - Asociacións Galegas". xuntos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-16. 
  5. Rodríguez, Salvador. "El resurgir de la nobleza gallega". Estela. Revista dominical do Faro de Vigo. Consultado o 2022-08-16.