Javier Cuíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Cuíña
 Rellas, Silleda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónveterinario e político
editar datos en Wikidata ]

Javier Cuíña Maceira, nado en Rellas (Silleda), é un veterinario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Encabezou a lista da Candidatura Independente por Silleda nas eleccións municipais de 2003[1], obtendo así catro concelleiros. Para as eleccións de 2007 a CIS aliouse co PSdeG de Silleda, obtendo entre ambas as dúas formacións 6 concelleiros de 13, con Cuíña entre eles. No 2008 abandonou a coalición xunto con Ofelia Rey Recimil e axudou a que fose adiante unha moción de censura en outubro de 2009, apoiada tamén por cinco ex-membros do PPdG local, que sacou da alcaldía a Paula Fernández Pena e colocou como nova alcaldesa a Rey[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Javier Cuíña Maceira será o candidato a alcalde de CIS" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 21 de abril de 2003.
  2. "La tránsfuga Ofelia Rey gobernará Silleda con apoyo de ex populares" Arquivado 01 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo en El Correo Galledo, 7 de outubro de 2009.