Saltar ao contido

Javier Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Avilés
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Club Deportivo Leganés
CD Leganés B

Javier Avilés Cortés, nado en Madrid o 17 de agosto de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Leganés da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Coslada, debutando co primeiro equipo en 2015. Un ano despois fichou polo Atlético Baleares da Segunda División B, no que apenas contou con oportunidades.[1][2] En xaneiro de 2017 fichou polo Pobla de Mafumet, de Terceira División,[3] e a continuación pasou polo Rayo Cantabria.

No mercado de inverno da tempada 2017/18 fichou polo CD Leganés, sendo asignado inicialmente ao equipo filial.[4] O 30 de outubro de 2018 debutou co primeiro equipo do Leganés, nun partido da Copa do Rei ante o Rayo Vallecano.[5] O 25 de agosto de 2019 debutou na Primeira División, nunha derrota por 0-1 ante o Atlético de Madrid. [6] O 27 de xuño de 2020 marcou o seu primeiro gol na máxima categoría, na derrota do Leganés por 2-1 ante Osasuna.[7]

En xaneiro de 2022 foi cedido ao Tondela da Primeira Liga de Portugal.[8] Con este equipo chegou á final da Copa de Portugal antes de regresar ao Leganés. Na tempada seguinte volveu saír cedido en xaneiro, esta vez ao Lugo.[9] Acumulou dúas cesións máis na tempada 2023/24, ao Amorebieta e ao Málaga CF [10][11]

  1. "Javier Avilés ‘Avi’ llega para reforzar al Baleares" (en castelán). Fútbol Mallorca. 27 de agosto de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  2. "Avi rescinde su contrato y deja de ser jugador del Atlético Baleares" (en castelán). Deporte Balear. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  3. "Avi, darrera incorporació de La Pobla" (en catalán). CF Pobla Mafumet. 1 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  4. "Tres fichajes para reforzar al filial del Club Deportivo Leganés". CD Leganés. 2 de febrero de 2018. Consultado o 30 de octubre de 2018. 
  5. "En-Nesyri impide la alegría del Rayo" (en castelán). Marca. 30 de outubro de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  6. "El C.D. Leganés y Javier Avilés prolongan su vinculación hasta 2023" (en castelán). CD Leganés. 23 de decembro de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  7. "Enric Gallego salva a Osasuna y condena al Leganés" (en castelán). Marca. 27 de xuño de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  8. "Javier Avilés, cedido al Tondela" (en castelán). Marca. 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  9. "El C.D. Leganés cede a Javier Avilés al C.D. Lugo" (en castelán). C. D. Leganés. 25 de xaneiro de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  10. "Javier Avilés, polivalencia ofensiva al servicio del MCF". Málaga C. F. 1 de febreiro de 2024. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  11. "El C.D. Leganés y la S.D. Amorebieta acuerdan la cesión de Javier Avilés" (en castelán). C. D. Leganés. 31 de agosto de 2023. Consultado o 31 de agosto de 2023.