Jane Davidson
Jane Davidson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de marzo de 1957 |
Lugar de nacemento | Birmingham |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Birmingham, Universidade do País de Gales e Malvern St James |
Ocupación | política |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jane Davidson, nada en Birmingham o 19 de marzo de 1957, é unha política británica que foi membro do Partido Laborista na Asemblea Nacional de Gales, electa por Pontypridd como Ministra de Medio Ambiente, Sustentabilidade e Vivenda no Goberno de Gales.[1] Tamén foi a Vicepresidenta galesa da asociación Ramblers, posto do que se retirou cando foi elixida como Ministra en 2007. En 2008 anunciou que non se volvería a presentar para a reelección cara á asemblea en 2011.[2]
Carreira profesional[editar | editar a fonte]
Antes do seu paso pola Asemblea de Gales, foi membro do Concello da cidade de Cardiff. Na asemblea, foi a ministra de Medio Ambiente, Sustentabilidade e Vivenda entre 2007 e 2011. Davidson foi a responsable no Goberno de Gales de facer do desenvolvemento sustentable como o seu principio central na organización. Antes de ocuparse deste ministerio foi Ministra de educación e aprendizaxe permanente. Foi a encargada de introducir o novo curso de inicio entre as idades de 3 a 7 anos, o bacharelato galés e a materia de educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global.[3]
En 2011, despois da súa carreira como ministra mudouse ao oeste de Gales, Davidson tomou o mando do Instituto Galés para a Sustentabilidade como directora, situado na University Trinity St. David, onde se tenta introducir o concepto de sustentabilidade na experiencia de cada estudante desde 2013.[3]
Contribucións á política pública[editar | editar a fonte]
Davidson foi a terceira persoa ambientalista máis influente no Reino Unido para The Independient on Sunday en 2009, e foi o número un e dous na Resource magazine en 2009 e 2010 polo seu traballo en residuos.[4][5] Davidson foi recoñecida coa bolsa honorífica do Chartered Institute of Waste (CIW), e é membro do consello de Embaixadores Globais do World Wildlife Fund no Reino Unido.[6] Formou parte do xurado nos Green Awards en 2011 e é membro do equipo Telegraph's summit escribindo sobre economía verde na carreira cara a Río+20.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "People in the Assembly: Jane Davidson". Londres: BBC News. 12 de maio de 1998. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Davidson will stand down in 2011". BBC News. 11 de outubro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 "Jane Davidson". 3 de febreiro de 2014.
- ↑ "Sponsored Earth Content". Londres.
- ↑ "Plastic bag charges by May 2011". 3 de novembro de 2009.
- ↑ "Jane Davidson - WWF UK". 23 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.