Jan Boklöv
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1966 (58 anos) Gällivare, Suecia (pt) |
Altura | 168 cm |
Peso | 60 kg |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí |
Deporte | Salto de esquí |
Participou en | |
1992 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1992 (pt) |
1988 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1988 (pt) |
1988–89 FIS Ski Jumping World Cup (en) (1º) | |
Jan Boklöv, nado en Koskullskulle o 14 de abril de 1966, é un antigo saltador de esquí sueco, famoso por introducir o salto en V.
Boklöv competiu en dous Xogos Olímpicos de Inverno, finalizando en sétimo lugar no trampolín grande por equipos en 1988 e 47º no trampolín curto individual en 1992. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1989 en Lahti quedou en quinto lugar en trampolín grande por equipos e décimo no trampolín curto individual. Boklöv clasificouse primeiro na Copa do Mundo da tempada 1988-1989 ao obter cinco vitorias.
Cando en 1985 Boklöv realizou por vez primeira en competición a técnica en V, os xuíces penalizárono severamente na puntuación por non manter o parelismo dos esquís. Con todo as medicións obtidas con esta técnica superaron con moito á técnica tradicional e diversas probas realizadas nun túnel de vento demostrou que a nova técnida daba un mellor control en sustentación e control, e pouco tempo abandonouse a vella técnica de salto cos esquís paralelos e a comezo da década de 1990 case todos os mellores saltadores do mundo utilizaban o estilo en V.