Jan Boklöv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Boklöv
Nacemento14 de abril de 1966
Lugar de nacementoGällivare
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónsaltador de esquí
Na rede
IMDB: nm2163414 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jan Boklöv, nado en Koskullskulle o 14 de abril de 1966, é un antigo saltador de esquí sueco, famoso por introducir o salto en V.

Boklöv competiu en dous Xogos Olímpicos de Inverno, finalizando en sétimo lugar no trampolín grande por equipos en 1988 e 47º no trampolín curto individual en 1992. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1989 en Lahti quedou en quinto lugar en trampolín grande por equipos e décimo no trampolín curto individual. Boklöv clasificouse primeiro na Copa do Mundo da tempada 1988-1989 ao obter cinco vitorias.

Cando en 1985 Boklöv realizou por vez primeira en competición a técnica en V, os xuíces penalizárono severamente na puntuación por non manter o parelismo dos esquís. Con todo as medicións obtidas con esta técnica superaron con moito á técnica tradicional e diversas probas realizadas nun túnel de vento demostrou que a nova técnida daba un mellor control en sustentación e control, e pouco tempo abandonouse a vella técnica de salto cos esquís paralelos e a comezo da década de 1990 case todos os mellores saltadores do mundo utilizaban o estilo en V.