Saltar ao contido

Jan Černohorský

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Černohorský
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Law, Charles University in Prague (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928
1920Xogos Olímpicos de 1920 Editar o valor en Wikidata

Jan Černohorský, nado en 1898 e finado en 1976, foi un tirador de esgrima e mestre de armas checo, autor de artigos e libros sobre a historia da esgrima e a súa metodoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar esgrima en 1908 en Praga. Estudou dereito na Sorbona. Participou co equipo checoslovaco nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1928, neste último foi quinto co equipo de espada [1]. Foi catro veces campión nacional (3 en florete e 1 en espada). A partir de 1932 deixou de competir, dedicándose a adestrar no ČŠK Riegel e a escribir, sendo autor de numerosos artigos sobre a metodoloxía e a historia da esgrima, escribiu un manual de esgrima para florete e espada, Šerm fleuretem a kordem (1947) e Škola šermu fleuretem a kordem (1956) dedicado á metodoloxía e instrución da esgrima. Foi un dos creadores do grupo de esgrima histórica ČR Mušketýři a Bandité en 1953 [2]

  1. "sports-reference.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  2. "Mušketýři a Bandité en Herold šermířské listy 2-9-2009". Arquivado dende o orixinal o 05-06-2013. Consultado o 11-08-2013.