James Miller
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1968 Hwlffordd, Reino Unido |
Morte | 2 de maio de 2003 (34 anos) Rafa, Estado de Palestina |
Educación | Downside School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, xornalista, director de fotografía, produtor de cinema |
Premios | |
James Henry Dominic Miller, nado o 18 de decembro de 1968 en Haverfordwest (Gales) e asasinado o 2 de maio de 2003 en Rafah (Gaza), foi un cámara, produtor e director galés, agasallado con numerosos premios, entre eles cinco Emmy.
A miúdo traballaba con Saira Shah, con quen fundou e dirixiu unha produtora independente chamada Frostbite Productions. Foi asasinado co disparo dun soldado das Forzas de Defensa de Israel o 2 de maio de 2003 mentres filmaba o documental Death In Gaza en Rafah[1]. O soldado que o matou foi identificado na prensa como o Capitán Hib al-Heib[2].
O 6 de abril de 2006, o xurado londiniense que xulgaba o caso reportou o veredicto de "asasinato sen base legal" (unlawful killing), afirmando que Miller fora asasinado[1].
Miller casou en 1997 con Sophy Warren-Knott, con quen tiña dous fillos, Alexander e Charlotte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Prime Suspects (1999).
- Dying for the President (2000).
- Children of the Secret State (2000).
- Beneath the Veil (2001).
- Unholy War (2001).
- The Tramp and the Dictator (2002).
- The Road from Rio (2002).
- The Trade Trap (2002).
- The Perfect Famine (2002).
- Armenia: The Betrayed (2002).
- Death in Gaza (2004).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmaker murdered by a soldier, BBC (en inglés).