Jaime Vargas Vargas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jaime Vargas (líder indíxena)»)
Infotaula de personaJaime Vargas Vargas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Froilán Jaime Vargas Vargas Editar o valor em Wikidata
21 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Pastaza Canton (Ecuador) Editar o valor em Wikidata
Presidente Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador
2017 – 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo achuar Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder amerindio , contable Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPachakutik (–2021) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua achuar e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiIlario Vargas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: jaime.vargaspena Twitter: jaimevargasnae Editar o valor em Wikidata

Jaime Froilán Vargas Vargas, nado o 21 de xullo de 1979, é un líder indíxena achuar que é presidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE), sendo elixido para o período 2017-2020.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Vargas naceu o 21 de xullo de 1979 na comunidade Achuar Kapahuari, Ecuador.[3] Estudou no Colexio Nacional 12 de maio de Puyo, onde obtivo o bacharelato en Ciencias de Comercio e Administración.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Formou parte do directorio administrativo financeiro na dirección Intercultural Bilingüe da Nacionalidade Achuar de Ecuador en 2004.[3]

En 2013 asumiu o cargo de presidente da Nacionalidade Achuar de Ecuador (NAE), até o 2015.[3][2] Asistiu á Corte Interamericana de Dereitos Humanos de 2013, en Washington, D.C. durante a presentación das demandas de violacións territoriais e dereitos colectivos. En 2015 obtivo un Diplomado en Xestión Pública en Macas. En 2015 asumiu a presidencia do Consello de Participación Cidadá e Control Social de Morona Santiago, até o 2017.

Presidencia da CONAIE[editar | editar a fonte]

O 16 de setembro de 2017 foi elixido presidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE), por unanimidade durante o Sexto Congreso celebrado en Zamora.[1] Durante a súa xestión, logrou que a educación intercultural bilingüe regrese á CONAIE.[2] Na súa presidencia, mantivo unha postura crítica ante o goberno do presidente Lenín Moreno quen está a favor de outorgar máis concesións mineiras e do extractivismo.

En 2019, liderou as protestas en Ecuador, xunto a Leónidas Iza, presidente do Movemento Indíxena e Campesiño de Cotopaxi, contra o presidente Lenín Moreno pola adopción de medidas económicas como eliminación do subsidio ó diésel e gasolina extra.[4][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Jaime Vargas es el nuevo presidente de la Conaie". 2017-09-16. Consultado o 2019-10-11. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Quiénes son Jaime Vargas y Leonidas Iza, dos de los protagonistas de la protesta indígena en Quito". El Universo. 10 de outubro de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "2017-2020". CONAIE. 12 de outubro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  4. "Jaime Vargas, el líder indígena clave en Ecuador". 2019-10-10. Consultado o 2019-10-11.