Jaime Caruana
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1952 (72 anos) Valencia, España |
Gobernador do Banco de España | |
12 de xullo de 2000 – 12 de xullo de 2006 ← Luis Ángel Rojo – Miguel Ángel Fernández Ordóñez (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | economista, enxeñeiro, político |
Membro de | |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 |
Jaime Caruana Lacorte nado en Valencia o 14 de marzo de 1952 foi o Gobernador do Banco de España entre xullo do 2000 e xullo de 2006.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Caruana naceu en Valencia e realizou os estudos de telecomunicacións na Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o título de enxeñeiro en 1974. Tras seis anos á fronte do Banco de España como Gobernador, pasou a formar parte do G30 (Group of Thirty), institución de análises financeiros e macroeconómicos con sede en Washington. Formou tamén parte dos acordos de Basilea II, gañándose o respecto dos reguladores da industria de servizos financeiros por conseguir un acordo para o texto revisado en xuño de 2004.
En agosto de 2006 entrou no Fondo Monetario Internacional (FMI) da man do entón presidente Rodrigo Rato como conselleiro e director do Departamento de Mercados Monetarios e de Capital. En novembro de 2008 foi nomeado director xeral do Banco de Pagos Internacionais.
O 26 de maio de 2006 ao final do seu mandato como Gobernador, a asociación de inspectores do Banco de España enviou unha "nota informativa" ao Ministerio de Economía e Facenda alertando da pasividade dos órganos reitores do banco central ante o "insostible crecemento do crédito bancario en España durante os anos de mandato do señor Caruana",[1][2] relacionando a mesma co estoupido da burbulla do ladrillo que aconteceu uns meses despois.
Foi sucedido á fronte do Banco de España por Miguel Ángel Fernández Ordóñez, militante do Partido Socialista Obrero Español e antigo Secretario de Estado.
Predecesor: Luis Ángel Rojo Duque |
Gobernador do Banco de España 2000 – 2006 |
Sucesor: Miguel Ángel Fernández Ordóñez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mundo (21 de febrero de 2011). "Los inspectores del Banco de España avisaron al Gobierno de la crisis en 2006". Consultado o 28 de febreiro de 2011.
- ↑ El País (22 de febrero de 2011). "La inspección culpó a Caruana del alto riesgo inmobiliario de bancos y cajas". Consultado o 28 de febreiro de 2011.