Jacques Newashish
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 ![]() La Tuque, Canadá ![]() |
Grupo étnico | Pobo atikamekw ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, contacontos, actor, director de cinema ![]() |
![]() ![]() |
Jacques Newashish, nado en La Tuque[1] en 1958, é un actor, realizador, pintor e escultor atikamekw[2][1] de Wemotaci, no Quebec.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era un cazador e transmisor da lingua e a cultura do pobo atikamekw.[4] Newashish incorpora elementos da cultura Atikamekw na súa práctica artística e preocúpase pola preservación da lingua e da cultura atikamekw na comunidade.[5]
Como artista multidisciplinar, Newashish traballa a través dunha variedade de medios, incluíndo a escultura, a pintura, o cinema e a narración.[4] O seu traballo inclúe instalacións que usan con frecuencia materiais naturais que reflicten a cultura atikamekw.[4]
Newashish obtivo un nomeamento nos Canadian Screen Awards como mellor actor secundario pola súa actuación en Avant les rues.[6] En 2021 apareceu no filme Bootlegger, e en 2023 en Soleils Atikamekw.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "NEWASHISH, Jacques (1958)". Dictionnaire historique de la sculpture québécoise au XXe siècle (en inglés). Consultado o 2018-01-23.
- ↑ "Before the Streets: A story of struggle, healing and redemption". The Nation. 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2021.
- ↑ "City workers accidentally destroyed artwork dedicated to missing and murdered Indigenous women". CBC News, 11 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Jacques Newashish". Les Productions Feux Sacrés (en inglés). Consultado o 2018-01-24.
- ↑ "Jacques Newashish artiste autochtone multidisciplinaire". Radio-Canada (en francés). Consultado o 2018-01-23.
- ↑ "Indigenous talent among 2017 Canadian Screen Award nominees". CBC News, 17 de setembro de 2017.