Jacques Cauvin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Rabat, Marrocos |
Morte | 26 de decembro de 2001 (70/71 anos) Les Vans, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo , arqueólogo |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Doutorando | Emmanuelle Vila (en) |
Jacques Cauvin, nado en 1930 e finado o 26 de decembro de 2001, foi un arqueólogo francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Especializado na prehistoria do Oriente Próximo, é particularmente coñecido pola súa hipótese sobre a xénese da produción de alimentos acontecida nos albores do Neolítico, exposta na súa principal obra, Naissance des divinités, naissance de l'agriculture (1994; en tradución literal ao galego, Nacemento dos deuses, nacemento da agricultura). Nela, réstalle importancia aos factores económicos como causa principal das primeiras prácticas agrícolas e gandeiras, e fai fincapé en factores relixiosos e simbólicos. Para Cauvin, tivo lugar unha "revolución simbólica" que actuou como motor de cambio na transición das sociedades cazadoras-recolectoras a sociedades produtoras. Este cambio alterou o universo máxico-relixioso das comunidades humanas, substituíndo o simbolismo terreal paleolítico, baseado nos animais, por un simbolismo divino, baseado nun elemento feminino principal, a Deusa-Nai, e un secundario masculino, o touro. Así, xenerouse por primeira vez, sempre seguindo a Cauvin, unha diferenciación entre o superior e divino e o inferior e humano. As evidencias arqueolóxicas nas que se fundamenta son as múltiples figuras femininas achadas nos xacementos do Neolítico Precerámico A de Oriente Próximo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Les outillages néolithiques de Byhlos et du littoral Libanais, París, Librairie d'Amérique et d'Orient, Jean Maisonneuve (Fouilles de Byblos tome IV), 1968.
- Religions néolithiques de Syrie-Palestine. París, Librairie d'Amérique et d'Orient, Jean Maisonneuve, 1972.
- Les premiers villages de Syrie-Palestine du IXe au VIIe millénaire avant Jésus-Christ. Lyon Maison de l'Orient méditerranéen (Collection de la Maison de l'Orient n° 4, Série archéologique 3), 1978.
- Diyânât al- 'asr al-hajarî al-hadîhfi bilâd al-sham (avec une préface et trad, arabe par S. Muhesen, de Religions néolithique de Syro-Palestine). Damas Dâr Dimashq, 1988.
- Naissance des divinités, naissance de l'agriculture. París, CNRS Éditions, 1994.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ripoll, S. et al (2011). Prehistoria. Las primeras etapas de la Humanidad. Editorial Universitaria Ramón Areces.