J.D. Arrate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J.D. Arrate
Arrate K.G.
Nome do club Juventud Deportiva Arrate
Arrate Kirol Gaztedia
Fundado 1947
Pavillón Polideportivo de Ipurua,
Éibar (Guipúscoa)
Capacidade 3500
Presidente Iñaki Bolinaga Lizarralde
Adestrador Julián Ruiz Gómez
Liga Liga ASOBAL
2007-08 13º
Equipamentos


Local


Visitante

O Juventud Deportiva Arrate (en castelán) ou Arrate Kirol Gaztedia (en vasco) é un equipo de balonmán vasco da localidade de Éibar (Guipúscoa) que actualmente compite na Liga ASOBAL.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1947 en Éibar (Guipúscoa) co obxectivo de fomentar o deporte entre a xuventude local. Nun principio o club acolleu diferentes actividades coma o atletismo, o fútbol, pelota, actividades subacuáticas etc, sempre en categorías inferiores. Principalmente foi no fútbol onde máis destacou o club na súa primeira andaina, ata que na tempada 1964-65 decidiuse crear a sección de balonmán, aglutinando a rapaces da localidade que coñecían este deporte ao estudar lonxe de Éibar.

Comezou xogando os seus partidos na praza de Unzaga, ata que nos anos '80 se construíu o Polideportivo de Ipurua, cunha capacidade para 3.500 espectadores.

O Arrate distinguiuse sempre por ter numerosos equipos en categorías inferiores tanto masculinos como femininos. Na tempada 1990-91, ademais do equipo de División de Honra contaba con outro equipo en 2.ª División, un equipo xuvenil na Liga Vasca, un equipo xuvenil na Liga Territorial, un equipo cadete na Liga Vasca e un equipo cadete na Liga Territorial. Ao non poder federar en Guipúscoa xogadores de idades inferiores, contaban ademais cunha Escola de Balonmán na que traballaban con arredor de 200 nenos.

O seu equipo feminino da División de Honra (Arrate-Amaña) desapareceu logo de terse clasificado para competición europea e non podela disputar debido á falta de patrocinador.

Os ingresos do J. D. Arrate están en boa medida sustentados polo Bingo que rexenta en Éibar.

Ligazóns[editar | editar a fonte]