Itajaí
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Santa Catarina | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 264.054 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 289,255 km² | ||||
| Altitude | 2 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 15 de xuño de 1860 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 89200-000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 047 | ||||
| Código de concello do Brasil | 4208203 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | itajai.sc.gov.br | ||||
Itajaí é unha cidade do estado brasileiro de Santa Catarina, ao sur do país. Situado na costa setentrional deste estado, sobre a ribeira do río Itajaí-Açu, se onde lle vén o nome, limita cos concellos de Brusque, Camboriú, Gaspar, Balneário Camboriú e Navegantes.

Fundada por alemáns (15 de xuño de 1860) e colonizada por azorianos a finais do século XIX, Itajaí ten a súa economía artellada ao redor do porto, do comercio, principalmente derivados de combustíbeis, e da pesca. O seu gran desenvolvemento produciuse na segunda metade do século XX. A presenza dos alemáns aínda é moi importante.
A "Marejada", unha festa portuguesa do peixe, é a principal atracción turística do concello, que aproveita as tradicións procedentes dos Azores.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Itajaí sitúase no Baixo Vale do Itajaí no litoral, e é bañada polas augas do océano Atlántico, así como as do río Itajaí-Açu. A cidade é basicamente cha, practicamente toda ela ao nivel do mar. Gran parte da vexetación nativa xa foi extraída para actividades comerciais e para a expansión urbana. Así e todo, conserva un conxunto de fermosas praias, unha ampla área rural e interesantes paisaxes naturais.
O porto de Itajaí é o principal porto de Santa Catarina e o segundo maior do Brasil. A súa actividade económica céntrase fundamentalmente na exportación de madeira, cerámicas, máquinas, azucre e papel.
