Istitina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Istitina foi unha cidade da Terra Alta Hitita que sobre o -1320/-1310 foi conquistada polo rei dos kaskas, Pihhuniya, que a converteu, segundo os hititas, en "pasto para os rabaños kaska". Mursilis II esixiu ao rei a evacuación dos territorios ocupados, pero non foi escoitado, e tivo que ir á zona. Istitina foi reconquistada, pero un par de anos despois foi atacada por Anniya de Azzi e de Hayasa e destruída.