Isologo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un isologo é un tipo de logo composto de igual forma por texto e imaxe. A diferenza dos imagotipos, estes están unidos nunha soa imaxe e non se debe separar a imaxe do texto.

O isologo, tamén coñecido como isologotipo, é un tipo de logo formado por unha imaxe gráfica que inclúe un texto (ambos agrupados baixo un mesmo debuxo) e que serve para identificar e representar a unha marca.

É unha combinación entre o logotipo e o isotipo, no que a imaxe e as palabras non poden separarse, xa que doutro modo podería non quedar claro de que marca se trata a primeira vista.

Principais características[editar | editar a fonte]

  • A principal característica dos isologos é que o texto e a imaxe están unidos indivisiblemente e conforman unha única entidade visual. Separalos dificultaría a identificación da marca nunha primeira ollada.
  • Posúe dous elementos: un logo (texto, xeralmente o nome da marca) e unha imaxe gráfica.
  • A diferenza do imagotipo, no isologo o texto e o símbolo gráfico encóntranse agrupados baixo un mesmo debuxo.
  • Permite asociar con facilidade a marca a unha imaxe ou símbolo e ao mesmo tempo transmitir o seu nome.
  • É recoñecible e fácil de recordar.
  • Permite reforzar a imaxe e a presenza no imaxinario colectivo dunha marca ou empresa.
  • Ao ser un tipo de logotipo máis complexo, permite que a mensaxe que a marca desexa transmitir sexa máis clara e difícil de confundir.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]