Saltar ao contido

Isidro Baldenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidro Baldenegro
Biografía
Nacementoc.1966
Serra Madre Occidental, México
Morte15 de xaneiro de 2017 (50 anos)
México
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSerra Madre Occidental Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista
Premios

Isidro Baldenegro López, nado en 1966 e finado o 15 de xaneiro de 2017, foi un histórico líder ecoloxista mexicano indíxena tarahumara en Serra Madre Occidental e un activista ambiental que loitou contra a talla irregular na súa rexión. Foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017.  

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Baldenegro creceu na súa terra ancestral nas montañas de Serra Madre, unha rexión coñecida pola súa biodiversidade. O seu pai foi asasinado en 1986 despois de que denunciase unha posición contra a talla e Isidro foi testemuña.[1] Isidro Baldenegro tiña só 20 anos cando tomou a testemuña da súa loita e con ela o alto prezo de ser ambientalista nun dos países máis perigosos do mundo para esa misión. Converteuse nun dos activistas indíxenas máis recoñecidos en América Latina loitando para a preservación dos bosques de piñeiro e carballo da Serra Madre Occidental.[2]

Asasinato

[editar | editar a fonte]

Baldenegro foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017. O corpo de Baldenegro recibiu até seis impactos de bala, segundo as autoridades. Pouco antes da súa morte buscou refuxio na casa dun tío nunha comunidade tarahumara ó norte de Chihuahua nunha casa remota da serra. Recibira numerosas ameazas. O domingo 15 de xaneiro pola tarde un home de 25 anos —a quen posiblemente coñecía a vítima— sacou unha arma, disparou e fuxiu. A Fiscalía estatal anunciaou que teñen "plenamente identificado" ó agresor, pero non quixeron ofrecer máis información sobre o caso.[2] Os seus parentes denunciaron que o seu asasinato está conectado con outros asasinatos e ataques a persoas indíxenas que se opuxeron á talla ilegal na rexión. The Guardian destacou que a súa morte ocorreu meses despois de que Berta Cáceres, que tamén gañou o Premio Goldman Ambiental fose asasinada. 122 activistas ambientais foron asasinados en Latinoamérica en 2015, e 185 ecoloxistas asasinados en todo o mundo, 33 deles foron asasinados en México.[3]

  1. Lakhani, Nina (18 de xaneiro de 2017). "Second winner of environmental prize killed months after Berta Cáceres death". Guardian. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Seis balazos por defender el bosque: el brutal asesinato de Isidro Baldenegro". El País (en castelán). 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  3. "Award-Winning Mexico Indigenous Environmental Activist Murdered". Telesur. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.