Pobo tarahumara
| Pobo tarahumara | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tarahumaras na vila de Tuaripa, (Chihuahua, 1892). | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua materna
| |||||||
|
Relacionados
| |||||||
| |||||||
| Rexións principais | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Os tarahumaras[1] ou rarámuris son un pobo nativo de México especialmente coñecidos pola súa grande habilidade como corredores de longa distancia. Orixinalmente habitaron en case todo o estado de Chihuahua, mais retiráronse ás serras altas como Serra Madre Occidental coa chegada dos españois no século XVI.[2] A área de Serra Madre Occidental que habitan no presente é chamada tamén Serra Tarahumara por mor da súa presenza.
A maioría dos tarahumaras viven aínda segundo o estilo tradicional, habitando en refuxios naturais como covas ou cantís, así como pequenas cabanas de madeira ou pedra. Os cultivos básicos son o millo e os feixóns; porén, moitos tarahumaras aínda practican a transhumancia, criando vacas, cabras e ovellas.
A lingua tarahumara pertence á familia das linguas uto-aztecas. Malia que o seu uso está a descender pola presión da lingua castelá, aínda é falada pola maioría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada tarahumara en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ Pennington, Campbell W. (1963) The Tarahumar of Mexico, their environment and material culture. Universuty of Utah Press.